21.05.2006

0 Comentarios | Sin categoría

A CEA

Dinner (3/9), 2005 – Anthony Goicolea & Richard Orjis

” Olládenos. Vimos andando dende moi lonxe e chegamos aquí. Eliximos este lugar para sentarnos e inxerir o noso froito. Expoñervos a nosa cea. Non permaneceremos moito tempo, pero no período que estemos ante vós non poderedes deixar de mirarnos. Tan pronto como rematemos, marcharemos cara outro espazo e, ante vós, só quedará o fondo. Tampouco vos apresuredes, non queirades coller toda a nosa esencia nun só golpe de vista. Coñecemos os mecanismos para deixar pouso. Nós deixamos pegada nas cousas. De todas formas, aínda non decidimos se colleremos este banco para levalo con nós porque, cando menos, é un elemento que inquieta (…) ” – poderían dicir coherentemente cada un dos sete personaxes que ante nós se presentan…

( *A espectadora pon daquela en funcionamento os seus sentidos. Comeza a investigar o proceso a través do cal chegou a escoitar ditas frases e tenta describilo por medio das palabras escritas. As bocas dos sete rapaces fálanlle sen mover os beizos. Algo hai encerrado nesta peza….)

Dejar una respuesta