24.05.2006

1 Comentario | Sin categoría

Ámoa dende hai meses….



Hai meses que veño amando a Única Zürn.

Téñoa baixo a almofada
(alí onde se gardan as cousas importantes).

Cada noite as dúas miramos pola ventá e recoñecémonos nas lecturas de “Primavera Sombría”.

Eu estou comezando a levala á escena. Codifico actoralmente os seus textos e agardo o momento no que ela queira
falarme
ao oído.
Falarnos
a través de conceptos
co alento.


Creo que Ela tamén está comezando a amarme.

  1. MORALLA dice:

    Vexo que es amante da escea. Acontece que sempre temos ídolos nos que nos inspiramos, no teu caso, unha delas é Zürn. E por que non? A inspiración, estea onde estea, lévanos sempre a facer todo con máis paixón, con máis amor, forza, fulgor; e de iso se trata, de amar a vida ata os seus extremos,de atopar a Godot en cada unha das rúas da nosa cidade interior; bueno, neste caso, de atopar a Zürn, ou de que ela te atope a ti nunha noite bohemia compostelá. Beixinhos Antía.

Dejar una respuesta