05.06.2006

3 Comentarios | Sin categoría

(ALUG)ARTE EN TOKYO (cap.1)

(Alug)arte en Tokyo

O tempo non se perde
se cando un o está perdendo
non se sinte perdido

Pero eu ás veces sinto que se escapa
e busco imaxes de Tokyo na internet
para non admitir no corpo a soidade

Colócoche unha panorámica como fondo
e diríxote andando polas esquinas da cidade
cruzando as pontes e os cheiros dos barrios

Alúgote fora do meu territorio
Naquel que nunca vin percorrer
mais que polas miñas pegadas
nas secuencias das películas
e como aquí
imaxino que tamén no asfalto de Tokyo
nacen as malas herbas entre tanta negrura

Organízoche visitas guiadas
con pausas mínimas para o descanso
para que aprobeites o tempo ti
porque eu

estou perdida na proximidade

  1. memoria de bolboreta dice:

    ¡Ay!.. Y se sonrojaba, y se avergonzaba… y pedía ser perdonada… No lo volvería a hacer, de eso podía estar segura.
    Prometió ser más constante en el apoyo, y no abandonarla nunca.
    NUNCA MÁS!!!!

  2. taronjita dice:

    no te pierdas

  3. ast B 612 dice:

    Linda!, quén poidese ser rueiro para ti (de non estar sempre tan perdidiño, claro…). Ou…

Dejar una respuesta