14.06.2006

2 Comentarios | Sin categoría

ALUG(ARTE) EN TOKYO (Animaliños)


Non está ben que unha alugue un corpo estrano para fins personais. Iso non está ben. Non é de recibo para ningunha mente políticamente correcta. No remate veñen as secuencias. Que medo cun gran O final. Que pánico ao que poida chegar a facer. Ou peor aínda, que pánico á autocensura imposta á hora de facer as cousas que se queren realizar.
Por iso o mellor ha ser que me retire. Si. O máis correcto, sen dúbida, é que me marche a unha casa na costa. Unha destas casiñas de madeira cun porche e azaleas plantadas en maio. Unha vivenda con tellas do país e unha entrada de domus sinceira, cun banbán que adiante a chegada dos fillos. Mentras que estes non agroman podería practicar a miña maternidade arrandeando coellos, galiñas ou tartarugas. Sempre é doado atopar un animaliño ao que divertir.

  1. taronjita dice:

    bichito, tus reflexiones me dan mucho en que pensar. cuidate mucho.

  2. osondaxordeira dice:

    Hai que saber diferenciar o feito literario do autor. Esa é a base da literatura…non?. Por esa regla de tres estaríamos todo o día autocensurándonos e nada máis lonxe de iso, por favor!!!

Dejar una respuesta