18.06.2006

0 Comentarios | Sin categoría

ALUG(ARTE) EN TOKYO (coñecer á xaponesa…)


Hai algún tempo aluguei un corpo para que me sustituise en Tokyo. Non foi sinxelo, dende logo. Para comezar tiña que coñecer a unha xaponesa que aceptase abandoar a súa vida durante uns días en favor da miña. Tiña claro que debía ser unha muller. Non é que teña nada en contra dos homes xaponeses, de feito non coñezo a ningún e, ademáis, ti ben sabes que eu nunca falo mal da comida que non probo. O feito de que alugase unha xaponesa, respondía a que eu quería que os ollos que te mirasen fosen os dunha muller. Non ten máis miolo, pero non foi doado. Custoume moito dar con ela. Tiven que percorrer todos os postos de turismo da cidade, baixar a falar nos cogumelos de todos os paraugas, esquivar os flaxes de multitude de cámaras dixitais. A seriedade no traballo ben feito desencadea esforzos e eu non quería deixar pegadas porque, ¿ e se a cousa fose mal ?. Imaxínate por un intre que de súpeto algo fallase na historia, calqueira detalle, e a miña cara quedase marcada, tal que a face de Xesucristo no pano da Verónica, na memoria dunha máquina fotográfica. Se iso ocorrese de seguro que agora estaría moi deprimida. Cáseque frustrada. Non mo podía permitir. Por iso con esta historia decidín ser moi bisturí. Demostrar que as matrículas obtidas na carreira emprégoas para algo máis que para ser percorridas mil veces polos meus ollos nas épocas depresivas.

Dejar una respuesta