04.09.2006

7 Comentarios | Sin categoría

de mudanzas



Coma un caracoliño comezo setembro metida en caixas, no cheiro da cinta de envolver coma risos acartonados, no silencio das habitacións que aínda non me coñecen, que non saben das miñas manías, dos meus medos máis íntimos…

Por sorte, nestes días comezarei tal que nena a abrilo todo e a bañarme pola nova casa nun mar de esquinas e recordos. Nunca pensei que a miña vida puidera coller nalgo tan pequeno…

A partir de pronto estades convidados á miña torre de solteira

  1. Mucha suerte en tu nuevo lugar. Gracias por la invitación, aunque no estoy seguro de poder ir ;).
    bss..

  2. Lúa Neghra dice:

    San Pedro finalmente? Xa me contarás… Veciña? Moitos bicos…

  3. osondaxordeira dice:

    Si, na rúa de San Pedro. Máis concretamente no Campo do Forno. Encántame ese barrio, aínda garda os arrecendos do que foi e do que vai ser. Vémonos rúa arriba, rúa abaixo.

  4. osondaxordeira dice:

    pOR CERTO…quero deixar unha mensaxe para Yoliluz. “Grazas por me vir visitanto en Godot.É un pracer que agardes conmigo”.

  5. Las mudanzas…minúsculo universo de balances e inventarios.Saludos ya desde una mudanza (IN)conclusa.

  6. A grandeza da vida levámola nalgo tan pekechiño coma o latexo do noso corazón, ou o instante dunha mirada, ou o fluír do silencio tan necesario. E ás veces é preciso mudar as nosas experiencias para renacer e facer a nosa vida aínda máis fermosa e máis grande. Unha aperta de Yoliluz entrando nas paraxes de Godot…

  7. Lúa Neghra dice:

    Verémonos logo… Aínda cheira a pan esa rúa. Pan de séculos. Moitos bicos 🙂

Dejar una respuesta