05.09.2006

2 Comentarios | Sin categoría

o asfalto de tokio



O tempo non se perde
se cando un o está perdendo
non se sinte perdido

Pero eu ás veces sinto que se escapa
e busco imaxes de Tokio na internet
para non admitir no corpo a soidade

Colócoche unha panorámica como fondo
e diríxote andando polas esquinas da cidade
cruzando as pontes e os cheiros dos barrios

Alúgote fora do meu territorio
Naquel que nunca vin percorrer
mais que polas miñas pegadas
nas secuencias das películas
e como aquí
imaxino que tamén no asfalto de Tokio
nacen as malas herbas entre tanta negrura

Organízoche visitas guiadas
con pausas mínimas para o descanso
para que aprobeites o tempo ti
porque eu estou perdida
dentro

  1. Algún día iremos a Tokyo a contemplar la negrura del asfalto!!
    Tokyo e ikimasu, jeje
    Un besote, te he linkado en mi blog y he cambiado el aspecto espero que te guste.
    Mata ne!!
    Cosas de krisish

  2. La persistencia de la memoria vs. su desintegración. Y tu comentario ha rescatado del cajón de reciclaje un día de septiembre sin noticias de utilidad (gracias).

Dejar una respuesta