08.09.2006

4 Comentarios | Sin categoría

a montaña rusa


A nova casa e o primeiro té verde apoiado enriba das caixas, baixo as lámpadas dos anos setenta. A visión desexada. Só queda pechar a porta e respirar.

O espazo propio. A pseudoautonomía. O piso de aluguer. A vida por diante para ser construída, alongada a través dos días como as pestanas co rimel. Todos os recordos envoltos en cinta de embalar tal que xamón e dátiles, e dez dedos que envían mensaxes: “ Xa teño casa, un castelo onde estarricar as miñas trenzas. Pasade a saudarme e non traiades nada, teño ocos e axilas para darvos ”…

Metros de paredes que escoitan, milleiras de partículas de pintura coas que ela se comunica na linguaxe de signos. Porque ela é así. Aprendeu a calarse dentro e a se respetar nos silenzos. Por iso gusta de introducir palabras polo medio dos materiais para logo raspalas e tragalas dun só golpe. Precisa que se lle queden dentro, que xa nunca teñan o valor de abandoala.
Por se é o caso mantén o ordenador prendido sobre a mesa da cociña. Quizais sexa preciso escribir… Hoxe,
que non sobra nada e todo estorba.

As mudanzas son a excusa perfeita para facer balance de arrecendos, dos lugares polos que fomos recollendo as nosas respiracións. Por iso ela está sentada no medio do cuarto máis grande da súa nova casa, xusto onde as caixas se converten en montaña rusa para o goce do pó e das arañas, e queda co nariz fixo nun punto, na necesidade de entenderse.
Ás veces sinte pequenos impulsos e chamadas de atención: – Ter valor (stop) Comezar a desencaixar (stop) – , pero pronto desbota o pensamento: – Quedar aquí sentada (stop), todo o tempo (stop), ate que alguén me atope (stop) e rache o silencio.

O mellor de todo é que os elementos do conxunto semellan estar perfectamente situados no seu lugar: unha esquina, o oco, outra esquina, o oco, as caixas, o oco, os recendos, o oco, as esquinas, as caixas, os cheiros, os ocos… A totalidade construída nunha desorde tan caótica que semella necesaria.
A desorde necesaria.
A corda á que se amarrar cando as liñas puras convertidas en rutina fan sangar aos ollos,
cando a perfección é unha elección demasiado coñecida como para voltar a tomala.

Quizais ese sexa o motivo que a anula na actividade, nos movementos orgánicos de calquera rapaza nova e disposta.
Pero ela xa ten decidido que non vai saír da súa postura. Pensa permanecer no estado de pausa propio das bonecas de trapo, chantando a mirada de botón na elevación da montaña rusa.
Decidíuno hai pouco máis duns minutos.
Mentras vós líades este texto e alguén chamaba á súa porta sen acadar resposta.

  1. ChienAndalou dice:

    Por fin tengo blog:

    http://www.dondepongolohallado.blogspot.com

    Espero impaciente vuestros comentarios

  2. Me da por asemejar cierta hipérbola a una montaña rusa…otro de mis impulsos caóticos…y entonces te visito, ávida de saber cómo va tu septiembre instalado, y te encuentro a tí también en algún parque de atracciones. Qué alegría.

  3. Lúa- Haberlas, hailas... dice:

    Recordame á primeira vez que vivín soa!!!!jejeje bicos

  4. Pés de naufragha dice:

    Ai, eses cambios de piso… os recordos amoreados na cabeciña, como se esta fose un trasteiro, e non parando de saír. Tiven demasiadas veces eses sentimentos que ti agora me lembras…

Dejar una respuesta