12.09.2006

3 Comentarios | Sin categoría

onde o corpo é alimento


Crieime preto da aldea dos meus avós, por iso dende nena sempre veño dicindo:
– “ Eu como ovos da miña avoa, carne da miña avoa, leite da miña avoa…” -.

Hoxe, aínda ás veces teño que parar un intre despois de falar, para me decatar de que non é o seu corpo o que eu como.

  1. ovos?
    obxectos circulares? cilíndricos?
    células?
    o proceso da unión de 2 corpos microscópicos fértiles que serán xigante?
    Sonche feuchas as galiñas, mais o que sae do seu cuíño é proteína pura! Non só para o corpo! Sobre todo para o meu paladar!!!uummmmmm
    Eu case que os prefiro en tortilla con pataca da casa e con cebola, da avoa, como a ti tanto che gustan; que a casa da aldea, é a casa da aldea!!ou que!
    que che presten, sondaxordeira!!
    Unha aperta amarela
    kikirikiiiiiiiiiiiiiii

  2. E imagino que aprender a querer a secas no tiene nada que ver con la inercia inmediata y húmeda con la que se unen dos yemas, ¿verdad?.(Entonces te debo otro gustazo al que le adjudico acento cordobés.Abrazo)

  3. Pés de naufragha dice:

    Eu de cativa, a mesma sensación. Esa que aínda teño agora cando sigo comendo os ovos (a carne xa non a hai dende que venderon as vacas) da miña avoa. Grazas por traermos ao recordo e ao padal…

Dejar una respuesta