01.10.2006

1 Comentario | Sin categoría

eu no teu ollo e Film no meu



Esta fin de semana, máis que nunca, andiven a bañarme no universo beckettiano.
No Reina Sofía mostraban a película “Film”, realizada en 1965 cun guión de Samuel Beckett, anque dirixida por Alan Schneider. Como vedes o meu “admirado” ocupou a súa vida dun xeito interdisciplinar…
No “Film” atopei diferentes satélites propios del: personaxes vivindo en lugares illados da sociedade, fobias, ventás sen exterior,contras e cortinas, sillas de rodas, o tempo, o silencio, a mirada, o ollo perseguidor, a soidade, a un Buster Keaton maiorcísimo que nesta película brila por el mesmo e polo que foi no seu explendor pasado ( eterno cine silente) …. Todos alí. Nas sombras. Comigo. Na túa man colléndome da man. Diante dos meus ollos e ao compás da miña respiración. Por un intre o perseguido ( levo moito tempo querendo ver esta pelicula) estaba alí na perspectiva do eterno.
Por un intre,
sentín
ser
feliz.

  1. Moralla dice:

    Fuches afotunada, miña nena, rodeada dos TEUS, inmersa no seu pensamento, no seu mundo, no seu xenio apoteósico. E ademais Buster Keaton! Mira que non escachaba da risa coas súas comedias cando era pequena!(desgraciadamente agora xa non as botan na TV basura). Noraboa por esa estupenda fin de semana!
    Bicos Beckettianos de Yoli 🙂

Dejar una respuesta