04.10.2006

2 Comentarios | Sin categoría

ESAS PEQUENAS CONTRADICCIÓNS…

Hoxe
caéronme das mans
todos os pratos
e os botes de crema
Escachárome. Os botes de crema.
Esos que tería gardado despois de rematados
no estante do baño
porque quedan bonitos
e adornan moito
Penso que os disporía de maior a menor
altura
anque as cores non convinasen
para que se lesen ben as etiquetas
e os nomes das marcas
Sempre gustei de imaxinar
o que pensarían os convidados
cando sentados no bater
ergueran a ollada ao estante
e os atopasen
Que ideas sobre min se lles pasaría pola cabeza
mentras fan tempo e agardan a que o que están a facer
chegue ao seu fin

Ela é estudante
digo que está no paro
non ten ingresos
debe ser dunha familia con cartos
anque teño entendido que non
son cinco irmáns e os tres maiores pasan dos vintecinco anos
os descontos de familia numerosa xa non lle sirven
e o pai leva de baixa dende hai tempo
agora din que fai moito exercicio pero non traballa
de seguro que cando a nai tiña aquel cargo na consellería fixo moitos cartos
tivo que ser xa se lles ve
daquela foi cando mercaron a casa na praia
visten discretamente pero logo
E os libros? hai que ser para ter libros no baño
Realmente leeraos? A ver? Pois si
tenos subliñados É que ela é moi meticulosa
mira como ten colocados os botes de crema e os perfumes
de maior a menor que meticulosa
pois que se ande con tino
de maior a menor tamén van os cartos

E así mentras miran a ver se hai papel hixiénico colocado
porque se non o houbese pegaríanche un berro para pedircho
seguen a pensar que quizais naciches no lugar equivocado no tempo equivocado
que vives por riba das túas posibilidades
que se che ve no tamaño co que enches a boca
cando dis que a noite pasada fuches ao cineclube do que non eres socia
pero ao que soes ir soa pagando o custe da entrada dos que non son socios a ver unha película rusa
ou danesa
ou xaponesa
unha película moi antiga e vangardista
á que vou soa porque me peta

  1. Moralla dice:

    Haberá que subir á túa torre para desfrutar desas cremas que tes no baño!Eu tamén colecciono unha grande variedade!!
    Cambiando de tema. Mándoche por email información de Maruxa Mallo sobre o documental que estás a dirixir. Y

  2. Que había ser de nós sen o Cineclube. Viva Vertov!

Dejar una respuesta