27.11.2006

5 Comentarios | Sin categoría

A XAPONESA COLABORA

A xente fíase dos artistas contemporáneos. É certo que os que traballan con performances causan nas persoas un sentemento que mistura a alerta coa proximidade. Debe de ser polo aquí e o agora das accións…

Unha acción performática pura dura un determinado tempo e logo esváese. Ao máximo, pode perdurar como recordo un vídeo ou unhas fotografías que alguén tirou durante a sucesión dos acontecementos. Pero pouco máis.

As performances son intensas e cando o artista pide axuda a algún colaborador, o colaborador accede a axudalo porque iso é o natural.

Un colaborador non pode negar o auxilio cando a acción se está a desenrolar nun tempo presente. Iso non estaría ben e a presión é demasiada como para non facelo. Foi por esta razón, sen dúbida, pola que ela aceptou a colaborar.
Aceptou de seguido.
Convertiuse na miña colaboradora.

  1. É precioso que 2 culturas se fusionen para colaborar nun proxecto cultural!! Parabéns ás dúas!!
    Yoli 😉
    As performances son auténtica poesía!

  2. Holaaaa Antía, es que no entiendo muy bien el gallego… ¿Vas a colaborar con una artista japonesa?, ya sabes que me encanta la cultura japonesa 🙂
    Omedeto (enhorabuena por esta colaboración) y besos de krisish.

  3. osondaxordeira dice:

    O certo é que se trata dun texto ficcionado.
    Pero é marabilloso cando as perspectivas se misturan e xa non se sabe onde remata unha e comeza a outra.
    Bicos.

    * Igualmente, un día coñecerei á xaponesa e de seguro que colaborará.

  4. Sorprendente, sí,sí.
    Abrazo!

  5. io ela ula japolesa ke kelía palticipal contigo…tu telo pieldes
    asinado: MAKOTO (ula japolesa actriz)
    mentirosa…………..

Dejar una respuesta