15.01.2007

7 Comentarios | Sin categoría

excomulgar o peso


Xa non consigo ler
tan só escribir cos ollos pechos

Estou cansa de buscarte nos versos doutros
ansiando a identificación no suicidio dos conceptos
na beirarrúa das ideas que senten mágoa de sí mesmas

Gástasme a saliva na punta dos bolígrafos
e os meus dedos son xa apéndices que non me pertencen
Colleron a forma da autómata
e nunca rematan de comprenderme

Hoxe
quixera escribir o teu nome
e recortalo cos dentes próximos á liña que me desdebuxa
Facer un cadrado de papel cos bordes coma ondas
e gardalo no fondo dos testos
Agardar a que as plantas medren para cubrirte
e xa nunca máis regalas
Ficar inmóbil mentras os fungos medran
e a terra recúbrete nalgún monte
necesariamente alto para tocar á ausencia

Xa non consigo ler
e heme máis doado pensar as palabras que escribilas
pero sempre remato por alongar os dedos para termar dos recordos

Cando vai frío sei que é tarde na cidade
Escollo ese momento para airear a casa

Ao pé da ventá sento
buscando alento no faiado do útero
dosificando a suor en números exactos
mentras me saes das mans para parirte
entre bocas concéntricas de sono

Ao lonxe
as voces das min-mesmas
anuncian que esta noite
de entre todas as mulleres
son eu a escollida

Sen máis amor que soidade
comezarei a excomungar o meu peso no ventre

* Antía Otero.- “A cidade gorda”

  1. Moralla dice:

    Certamente un gran poema de MULLER
    noraboa
    Un bico de Yoli moralla 😉

  2. alberto dice:

    ojala nosotros podamos escribir algun dia algo tan bueno.bs

  3. Lúa- Haberlas, hailas... dice:

    ohhhhh l´amour…..
    besines

  4. krisish dice:

    Hola Antía, cuánto tiempo!!
    Os he dedicado una entrada a mis colegas de máster!!
    Y dentro de nada cumplimos 100 entradas…estás invitada a la celebración.
    Muchos besotes de krisish

  5. mariademallou dice:

    un poemaso, un saúdo ghuapa 😉

  6. Echaba de menos esta cidade gorda. Y a tí.
    Bicos.

  7. rosa enriquez dice:

    IL FAUT CHERCHER LA FEMME¡¡¡ GÚSTAME O TEU POEMA. VISITAR AO INTERIOR FEMININO E TRANSMITIR TODO O QUE REVOLVEMOS DENTRO FAI PENSAR. UNHA APERTA ANTÍA.

Dejar una respuesta