05.02.2007

2 Comentarios | Sin categoría

Todo ven no lote


A nada que ergueu a mirada sacándoa do interior do seu bolso, atopou o coche del circulando pola estrada que saía da cidade. A corenta metros por diante do asento do autobús no que ela agora pousaba.
Non pasara nen media ducia de minutos dende que se despediran na estación e agora, ela, pensaba na coincidencia que se producira neste preciso intre, naquel no que erguera a mirada do seu bolso traspasando a lúa dianteira do coche de liña.
Sentiuse feliz e imaxinouno de camiño a súa casa. Á casa que el tiña nun décimo piso. O piso onde cada noite, que ela durmía alí, esterricaba os brazos para apañar os avións que voaban cara o aeroporto…
Logo, cedeu no sorriso. Lembrou que nunha hora sería ela mesma a que chegaría a casa, noutra cidade, baixando o país. Imáxinábase metendo a chave na porta, sentindo frío, prendendo a calefacción mentras reparaba en que mañá era día cinco e habería que pagar o piso e as facturas da luz.

Pero xusto agora, sentada, mirando polo cristal do autobús, as mans semellaban estar máis quentes do normal e o corazón camiñaba con certo ímpetu.

Ela descubrira dende había algún tempo, que as cousas entraban moito máis adentro cando eran sentidas con todas as partes do corpo. Dende aquela, intuía que determinados mecanismos comezaran un desenrolo en ascendente polo espazo ao que lle chamamos “interior”, facéndoa percibir nun grado elevado para ben e para non tan ben. En realidade todo ía no lote, como os xurelos e as xoubas. Todo ía no lote.

– “Todo ven no lote” – acostumo pensar.

  1. ayer estaba paseando y escuchando los cascos por una de las calles mas pijas de la pijisima coruña y vi pasar a alguien con una camiseta de john berryman y fue como ver una isla de belleza y me fui a visitar tu blog y me encanto tu relato.bs

  2. rosa enriquez dice:

    HOLA ANTÍA. VEXO QUE TES UN ADMIRADOR. VAI PARA EL: ESTA RAPAZA DE OLLOS DE GATO TEN DENTRO TODA UNHA ILLA DE POEMAS QUE CONTAR QUE BRILLAN MÁIS COS OLLOS..
    PARA TI: GUSTOUME ESTE TEXTO. ÁS VECES PARECE INCRÍBEL QUE ESTEAMOS TAN PRETO E TAN LONXE AO MESMO TEMPO.LEVAMOS COMO DÍ LUPE UN AVIÓN DENTRO?

Dejar una respuesta