12.03.2007

0 Comentarios | Sin categoría

implante

Non saco de paseo unha perruca no bolso porque pretenda semellarme ao icono. Non. Se ando con ela preto é porque sei que che gusta, anque nunca mo digas.

Camiño con cabelos loiros e lisos entre as facturas da luz e as moedas que caen da carteira, máis non por iso sinto mágoa da imaxe que cres ter de min. Adiviño que algún día pedirasme que faga dela a miña cruz…., e eu se estou de boas accederei.
Sei que sempre que queira, podo arrancala cos dentes e imaxinar que cae da cabeza.

Por certo, o implante quedouche perfecto– acostumas dicir.

Dejar una respuesta