29.03.2007

3 Comentarios | Sin categoría

nomearme

Nomearse proporcionalmente á velocidade dun motor de barco é coma tentar facer un peinado liso no meu groso rizo
ate queimar

a resistencia
do secador

(…)

rapar o pelo
tintar a calva
de vermello
e escribir nela
o meu nome

– agora sí podo
aceptar a teu convite- dígoche

– eu nunca dixen
que nomearse fora sinxelo- dígome

* fotografía: Man Ray

  1. Anonymous dice:

    ë un bonito blog, con bastante clase pero teño unha dúbida. ë unha tendencia, algún tipo de existencialismo ou só egocentrismo do artista o feito de que te centre exclusivamente en ti? Recordame un pouco ao tendencioso Juan Ramón. Mais non é unha critica senón que ás veces non se distingue moi ben a voz poética da auténtica persoa.

  2. osondaxordeira dice:

    ben chegado anonymous,o ego é un mal que eu non comparto a non ser que sexa coma arma de traballo ( sería un grande compartimento do que falarmos algún día máis de vagar). En todo caso, nesta ocasión creo que confundes ego con voz poética, ou con voz emisora que busca a fusión con outras canles de expresión paralelas á puramente literaria.
    (O que sí sei con certeza é que Juan Ramón é un gran escritor que lin no seu día e que ás veces releo, mais do que disto indudablemente).

    A voz poética e a persoa é algo que se diferencia na percepción daquel que le; ao igual que a distancia entre o individuo e o artista que realiza unha performance atópase non ollos do que mira.

    Será un pracer atoparte máis veces por Godot.

  3. Gracias, muñeca…sé por Alfonso que andas liada con un montón de cosas, ya me contó que estuvo por allí. Paso por Santiago estas “vacaciones”…a ver si te veo. Besote!

    Pd.Si a las voces poéticas les hubiesen preguntado por su ego tendríamos un serio problema. 😉 Sigue así.

Dejar una respuesta