24.04.2007

2 Comentarios | Sin categoría

de novo, chuvia

Despois de moitos días volveu chover, e é coma que todo semella máis propio.
Hoxe,as tres da tarde ninguén se asomaba á ventá para colgar pezas de roupa; mais os dias con choiva son para iso. Para inxeñar maneiras alternativas de que as teas sequen dentro do piso. As cadeiras, os radiadores ou os tendais portátiles son boas arrandeeiras para enganar ás horas. E porque non, tamén as túas pestanas que se dobran coma se dun arco estivesemos a falar. E eu,
frecha no medio.

– Pecha a ventá. A chuvia chega ate aquí.

* imaxe.- www.cosasminimas.com

  1. Así merece la pena que llueva.
    Beso fuerte, y a medio llover.

  2. krisish dice:

    Las ilustraciones de cosas mínimas son preciosas y acompañan perfectamente tus palabras de lluvia.
    Besetes

Dejar una respuesta