15.05.2007

1 Comentario | Sin categoría

os parabéns

O día do teu aniversario non tiña nada máis que darche que media dúcia de palabras e algunha mirada. Difíciles soportes para ser envoltos-pensei-, pero aínda así arrisqueime. Fun valente e, chegadas as doce, deixei a tazá de té na mesa de ikea e o xornal de domingo sobre o sofá. Corrín á outra parte da casa. Presenteime diante túa e díxenche – parabéns – .

É por iso que decidín que ao concepto pódeselle dar a volta sempre que a unha se lle antolle.
Eu son así e a ti ben que che gusta, anque este ano non podas engrosar a lista de agasallos de aniversario, corazón.

  1. Qué más se puede pedir… 😉
    Beso

Dejar una respuesta