16.05.2007

4 Comentarios | Sin categoría

a contra-ritmo

Hoxe
paséanlle as letras polas entrañas.

………….

Todo comezou o día que, cando nena, aprendeu a se facer unha cola de cabalo e descubriu que, dese xeito, semellaba cinco centímetros máis alta.
A presión do cabelo na goma,
a tensión capilar berrando cara adentro.
As liñas delimitadas frontais ocipitais

Todo o que estaba un pouco máis alá interesáballe. Todo.

Aquela mañá diante do espello tamén se percatou de que estar cun mesmo non era estar só. Ela non estaba soa. Posuía millóns de voces e ideas coas que dialogar nos subterráneos. No silencio dos sistemas.

E foi a partir daquela,
a partir dese intre, cando a súa cabeza comezou a medrar a máis velocidade que o seu corpo.

* Fotografía.- Cindy Sherman

  1. Torreira dice:

    E o que che teñen as colas de cabalo de tres voltas e a paixón pola literatura srta Godot.Bico

  2. franc3s dice:

    hoy nos compramos en la feria la pequeña biografia de maruxa mallo que hizo carmen vidal.nos recomiendas leerla antes o despues de la pelicula?deseando verla

  3. Anonymous dice:

    Encantoume este post!

    …hai outro tipo de “cola de cabalo” (unha herba) que é boa para evitar a retención de líquidos! jiji (evancuando a cañón, iso si, e máis nada, podo aseguralo, eu probeina, e o cuíño non decrece!), non sei fumada…
    biko
    Moralla

  4. soniamaria dice:

    A soidade non é algo que exista en realidade.Mais esta é unha opinión que moita xente non comparte con nós.Quizáis a compañía máis agradable(polo menos algunhas veces)sexamos nós mesmas.É un poema precioso, é mellor que nos medre o cerebro que ter unha estatura de 2,5m.Saúdos de dúas rapazas do instituto de Chantada!!

Dejar una respuesta