21.05.2007

5 Comentarios | Sin categoría

voltar ao tocadiscos

Hoxe fun mercar unha agulla para o tocadiscos
O caso é que ese son tíñao esquecido.
O cd acabou cos recordos,- poderíase pensar.
Pero a mín non me gusta pensar dese xeito. Porque os recordos
víveos cada un á súa maneira e a min non me gusta sentenciar,
nen poñerme sentimental. Pois se me puxese dese xeito,
comezaría a cheirar a naftalina, e todo o máis lonxe diso – por favor.
Aínda así,
sentada diante dos vinilos, cos ollos cara abaixo mirando como xiran,
penso en tí e os tenis fanme augas. Maréome un pouco, si, pero é bonito marearse; porque así, a túa presenza maniféstase con máis pouso e teño que botar a man á mesa para non caer.
E se caese, non me importaría,
porque hoxe merquei unha agulla para o tocadiscos e todo semella menos triste. Incluso os mareos que xorden cando penso en ti e non estás.

  1. Torreira dice:

    E o que che teñen as agullas do tocadisco,vacuna contra as ausencias.Bico,gustoume

  2. Bruna Pereira dice:

    Os gira-discos tocam realmente a vida com uma pequena agulha.
    O milagre da música…

    🙂

  3. franetico dice:

    creo que compraches unha agulla de marear.

  4. osondaxordeira dice:

    ás agullas non soen marear, e menos se grazas a elas escoitamos música, pero sí os pensamentos e as ausencias ( seguindo o post Torreira )que aniñan baixo os homoplatos.

  5. violador de versos dice:

    Desgraciadamente eu non vivin no tempo dos tocadiscos,tocoume vivir na era da nova tecnoloxia o cal non me gusta nada,aínda que teño escoitado música neles.A verdade e que agora dannolo todo feito e non nos preocupamos de preservar ese “instrumentos” que marcaron tantas vidas.Encantame

Dejar una respuesta