04.06.2007

6 Comentarios | Sin categoría

verde

Comía sempre onde a ventá.
Asomábase e entraba cara adentro marcando partituras, traendo o alimento fraccionado tal que os paxaros.
O xantar e a cea facíanse así máis divertidos pois, entre anaco e anaco, o día cambiaba no exterior.

Segundo recordo, aquela tarde, a última que a ollei dende o meu terrazo, as pingas dunha nova tormenta de verán comezaban a mollar a roupa tendida.

O pelo recollido e unha bata rosa contrastaban co formigón da fachada, pero ela tiña decidido que algún día había conseguir reunir cartos dabondo para pintala de branco. Daquela, mercaría un vestido verde do mesmo ton que as ventás, e comería cereixas entre as miradas dos veciños.

(…)

O certo é que dende hai algún tempo, as frangullas do pan non se deixan ver alí enfronte e, no gris da fachada, comezaron a medrar algunhas manchas brancas e verdes de humidade.

  1. Bruna Pereira dice:

    Da tua janela verde vê-se a maioria das coisas do mundo que realmente importam… Os detalhes que florescem. Como uma pequena mancha de bolor. Verde.

    Tens uma escrita suave.
    🙂

  2. Me encanta.Así.

  3. veranna fer dice:

    Que melancolia trouxe-me!
    Recordou-me as duas casas em que vivendo no Brasil,por coincidencia ou nao as duas tinham janelas de cor verde.Hoje do outro lado do mundo e de uma janela mais ampla,quando me vem a saudade olho o horizonte e tento ver através da janela verde quem está dentro dela.

    Rercordei muitas coisas boas que havia esquecido!!!
    Muito obrigado Moça das Palavras Hermosas!!!!!!!!

  4. A túa xanela verde permite ver o mundo e ti, conformista, convinas a túa roupa con esa xanela mentres manchas saen no teu interior, pero ti non as ves porque estas interesad@ en que o mundo de te vexa a través da xanela verde no mundo verde, e ti acabas deixandote a ti mesm@ de lado.
    Un Bico, fermosa!

  5. Torreira dice:

    Estética srta godot…bico

  6. xenevra dice:

    quen puidese mirar por sempre por esa xanela mentre o tempo non pasa aí fóra.
    un bico moi grande dende o caorazón (de Galicia)

Dejar una respuesta