12.06.2007

12 Comentarios | Sin categoría

de reality

Os encontros nunca son como unha os imaxina. Iso non quere dicir que sexan malos ou bos. Simplemente, non rematan por se amoldar á escena imaxinada ao longo do traxecto previo ao momento en cuestión.

Érgueste da cama. Contenta. Abres a billa da bañeira. Mollas os pés. Depílaste. Almorzas despois de depilarte. Saes á rúa e mercas a prensa. Buscas nas páxinas os horarios dos autobuses….Hoxe vas ir alí, ao lugar onde o ocorrido aínda é un futurible.

A estación está lonxe. A mochila é pequena pero pesa. Nela quixeches metelo todo. O posible. Traxe de baño / neceser / roupa interior / libros / cargador do móbil… Unha chea de obxetos, mais nada en concreto. Todo a favor de obra. Nunca sabes o que che pode facer falla.

Cando unha pensa en sair á rúa, poucas veces perde o tempo en pensar como ha ser o regreso. Iso pouco importa. Eu diría que nada.

Un accidente no medio da autoestrada pode facer que te demores.
Un conductor con incontinencia pode facer que o autobús realice paradas en cada área de descanso.
Un grupo de porcoespiños, ou pequenos animais con ollos escuros e en perigo de extinción, poden decidir emprender un éxodo neste día que ti desexas sair da túa cidade, cortándoche o paso e picándoche as rodas do carro se te decides a lles pasar por riba.

A unha sempre lle dá tempo a se imaxinar este tipo de episodios nos minutos previos a un encontro desexado.
Comprobar que os rizos están ben definidos no reflexo do cristal do bus, tamén é un clásico.

Ás once da noite, cando no televisor comezan a botar debates sobre personaxes de realities, tápome coa manta do sofá as puntas dos pés. Reparo no suxa que está a alfombra e perdo a vista nas boliñas, mentras percibo coma a canción que elixín coma timbre do meu móbil comeza a soar.

Hoxe daría calqueira cousa por que estiveras aquí, comigo. Por un momento imaxinei que collerías un bus nun deses impulsos teus, que te plantarías no salón da miña casa, que te acariñaría debaixo da manta que cubre o sofá.

Está noite no concurso da selva hai nominación e , por certo, segundo lembro nunca mo pediches.

imaxe.- manuel lópez herrera

  1. Jorge Alves dice:

    Magnífico texto.

  2. Moralla dice:

    Bo post!
    Por certo, que tal che foi coa sondaxe que fixeches con nós os poetas para a túa mesa redonda sobre a nosa visión do audiovisual galego?
    Non te queixarás, eu respondín axiña e din unha boa opinión!
    Agora mesmo hai moitas ideas, moita paixón na xente nova e emerxente con respecto a todas ás manifestación artísticas. Agardo pouco a pouco os presupostos vaian aumentando!Optimismo!
    Moita sorte nesa mesa redonda!!
    bicos
    Yoli 🙂

  3. franc3s dice:

    estoy pasando mi particular temporada en el infierno, gracias por mojarme con el agua de tu bañera

  4. krisish dice:

    “Un grupo de porcoespiños, ou pequenos animais con ollos escuros e en perigo de extinción, poden decidir emprender un éxodo”
    Genial 😉

  5. osondaxordeira dice:

    é precioso entrar aquí e atoparvos…

  6. Buaaah, qué bueno…esa es la respuesta! pure reality

  7. O Raposo dice:

    Fermoso texto.
    Unha aperta.

  8. Torreira dice:

    Fermosa non pedida…Bicos

  9. Bruna Pereira dice:

    Bem verdade…
    As coisas nunca são como um imagina. Há sempre surpresas: um acidente, um amigo novo, um amor à primeira vista, um dia de chuva. A morte.

    A vida é assim mesmo. Imprevisível.

    Bom fim de semana .)

  10. rosa enriquez dice:

    Ás veces os encontros non son como un os imaxina… Dicir que está ben escrito sobra. Podo engadir que é claro, directo e sen retorcimento. (valdeorosa-rosa)

  11. Rifo I de Zeuquirne dice:

    Recomendáronme visitar este blog Valdeorosa). Vexo que con bo criterio, é un blog ´fermosísimo, coma este último post que vostede colgou, “Os encontros nunca son como unha os imaxina…” vou cantinuar a miña historia de Uxía con esta frase súa.
    Un saudiño.

  12. Os encontros xamais son como os imaxinas iso e certo. Pero sempre resultan ser momentos máxicos onde descobres cousas novas (boas ou malas) e que recordaras sempre incluso cando sexas vell@, mollando as galletas no leite. Son cousas inolvidables e inevitables que sempre deixan unha pegada na nosa mente.
    un bico!

Dejar una respuesta