18.06.2007

7 Comentarios | Sin categoría

de reality 2

Porque definitivamente as viaxes en bus son unha das experiencias máis excitantes que os cidadáns da pé temos á man, a miña necesidade por comunicar non ten lindeiros nesta tarde, que o ruído do motor comeza a entoar nos meus oídos.

Hoxe sí collín ese bus.
Sen erguerme contenta, sen depilarme baixo o teléfono da ducha, sen almorzar.
Hoxe saltei con pértiga o almorzo e corrín cara o xantar directamente, coa suor entre as mans e un café con leite para despistar o retraso.

A miña mochila é máis grande que pequena, anque non pese.
O pixama, o neceser e o cargador van comigo. O libro lévoo directamente no bolso. Releo o título unha e outra vez, as palabras que me fan sentir que pinto algo en todo isto. Como a Maga bailando polas pontes de París, entre río e río.
Pérdome con ela.

Finca / casa / sinal / frecha / carballeira / coche / raias / moto / sinal / choiva / asfalto / senusite…. o de hoxe vai por estrada. Para en cada recuncho óptimo. Eu, saúdo aos que chegan entre bosquexo e trago de cuspe.

A viaxe saiume máis barata, si, máis tardarei aproximadamente uns vinte minutos por riba. Vinte minutos nos que estarás a agardar na estación por mín. Supoño que algo cabreado, supoño que movendo os dedos dentro dos petos, sen entender moi ben porque non che avisei da miña demora.

Terás tempo de: sentar, erguerte, mirar as sms atrasadas do móbil, sentar de novo, ollar o reloxo… E mentras, eu imaxínote facendo danzas de desesperación e río para adentro.

Non son mala, pero aínda non comprendín os mecanismos que me convirtan en boa de todo. Demasiado branco. Nuclear demáis.

Aos poucos, o autobús chega, a xente baixa, baixo eu.
Non te vexo.
Búscote máis non te vexo.
Penso que te agochas tras unha columna para darme
unha sorpresa. Ninguén aparece.
Saio cara o aparcadeiro.
Non estás.
O teu coche tampouco está.
Baleiro.

A sintonía que escollín coma melodóa do móbil comeza a soar. Boto a correr coa man ao bolso. Tropezo co libro. Localizo a vibración. Recollo o teléfono. Escoito.

– Estou no salón da miña casa. Sabía que virías. Bule. Agárdote cunha manta coa que cubrirte e un televisor prendido onde ver a noite de nominacións.

– Mágoa. Creo que non vai ser. Hoxe non me erguín moi contenta. Dábame preguiza ir. No fondo, sempre pensei que serías tí quen virías verme.

Colgo o teléfono.
Vou cara a cafetería da estación e pido un con leite. Farei tempo. O seguinte autobús de volta sairá en media hora.

imaxe.- como non, de ryden

  1. Torreira dice:

    Coido que isto escomenza a ter mala resolución.Bico

  2. franc3s dice:

    yo creo que merece la pena esperarte,en el autobus o en godot o en la estacion.nosotros esperamos que un día podamos gravar un videoclip contigo.a lo mejor esperar es la meta.besos

  3. Bruna Pereira dice:

    Fizeste-me viajar contigo.
    🙂

  4. O Raposo dice:

    Esta claro que hai que sacar billete de ida e volta.

  5. osondaxordeira dice:

    jajaja
    estamos a comezar unha historia periexética

    un saúdo a tod@s, fermos@s

  6. A min pasoume algo semellante esta semana, non saín en pixama pero por pouco, esquecín o paraugas, atravesei mollándome media cidade e a moi cabrona (a cidade) enganoume e tívome correndo un cacho en sentido contrario a onde se me agardaba. Cando tiña a esperanza de estar aínda soñando metín o pé nunha poza e a auga até o xeonllo fíxome ver que todo era deliciosamente real.

  7. Rifo I de Zeuquirne dice:

    Pois o salón e no sofá cunha mantiña para tapala e ver algo na tele, non era mal plan, sobre todo nun día de choiva.
    Non sei si eu despois de facela viaxe, daría a volta sen acudir a cita.
    saudiños.

Dejar una respuesta