06.07.2007

7 Comentarios | Agardando a Godot

un ano mais


Un ano máis ela fai a mudanza. Comeza a estar cansa de andar con todo ás costas, coma os caracoliños, pero non pode ficar queda. Dóelle aturar a respiración máis de tres segundos nun mesmo sitio, nunha mesma posición.
É por iso que hoxe encheu o corredor de caixas para gardar todas as perrucas, os zapatos de tacón, o neceser, os libros e o cargador do móbil. Todo o demáis pode ficar atrás, menos o corazón. Iso non: “O corazón sempre debe ir por diante, coma os carriños do súper” -pensa ela.
Logo dase unha ducha co pouco xabón que reside no fondo do bote, e pensa que quizáis hoxe si poida mollar o chan do baño ao sair. Á merda coas zapatillas!. Vai calor e pouco máis ten, nada queda.
Sinte que iso de ter a vida en caixas non é tan malo anque ás veces se poña un pouco triste de pensalo, que a sociedade básase nos metros de terra que tes de propio, no númeo de baldosas onde colocar as alfombras e as lámpadas de pé. Así, que millor. Baleira. Oca. Hoxe o paseo da tarde saberá a limón doce na testura. Nada pesa. Nada teño. Todo ben comigo cara algures e eu tamén.

Música para a mudanza.- Grace de Jeff Buckley

  1. Yo de pequeña jugaba a las mudanzas, no sé por qué motivo me gustaba tanto meterlo todo en cajas…ahora no es que me guste, es más una cuestión de despegue y aterrizaje, a modo de balance. Y con Jeff Buckley, un gustazo.
    Beso, compañera.

  2. Marinha de Allegue dice:

    Corazón de mudanza, cambio constante…

    Ímpetu no traslado.
    Unha aperta.
    🙂

  3. franc3s dice:

    aleluia es una buena cancion para cuando todo esta metido en cajas por fin jiji.besos de un caracoliño

  4. Torreira dice:

    Eres un comando itinerante que dispara verbas srta Godot.Bicos

  5. osondaxordeira dice:

    ao remate da mudanza aínda se nota máis o caos…mil bicos a tod@s

  6. O Raposo dice:

    Sempre pensei que as mudanzas teñen algo de liberación das ataduras do pasado das que un se quere librar, senon de todas si de algunhas.

  7. osondaxordeira dice:

    concordo, señor raposo

Dejar una respuesta