29.08.2007

3 Comentarios | Agardando a Godot

de volta as orixes

pero ás bonecas tamén as rapaba
e agochaba
as tesoiras e as estampas
nos seus lombos
coma recordatorio

prendíalles candeas
coma as veciñas ao san antón
nas trastendas do barrio
con cheiro a fariña e lixivia

e decoraba o altar
imitándoas nos xestos
doblando os xeonllos
xuntando as mans preto da boca
sen saber cando mirar
nen onde gardar todas as palabras

que saían tan baixo

coma se non quixera
que alguén escoitara

texto e fotografía.- osondaxordeira

  1. A Conxurada dice:

    Ola, eu tamén gosto moito da túa blogue, xa hai un tempo que te leo, pero nunca me atrevera a poñer un comentario.
    Saúdos e até a próxima visita.

  2. Me encanta tu pijama…y vos, linda.
    Un beso desde GranHada.

  3. rosa enriquez dice:

    Raparlle o pelo as bonecas era divertido.Claro que si, un cambio de imaxe para modernizalas. Verdade? Un bico.

Dejar una respuesta