03.09.2007

5 Comentarios | Agardando a Godot

a parada

Hoxe collín o bus sen saber onde ía deixarme. Pensei que había poder baixar naquela parada, pero non. O bus seguiu de longo. A seguinte pausa estaba a catro quilómetros e tiven que tragar a suor e os nervios na boca do estómago. Mirei aos lados. Alguén se incorporou e eu tamén. Baixei do bus. Crucei a estrada. Sentei a agardar no banco de enfronte. O banco estaba baleiro antes da miña chegada. Non había ninguén e os coches pasaban de volta das praias. Era comezos de setembro.
Algúns mirábanme dende os seus coches, baixaban as ventaíñas e subían a música mentres recortaban a velocidade. Tentei facerme forte baixo das lentes de sol…, pero pronto sentin que non podería cantar naquel momento anque mo propuxese. Despois decidín non mirar ao fronte. Esquecerme de todo. Baixar a mirada cara as unllas e non pensar. Só sentir o aire cortado pola estrada, a calor na caluga a través do vidro. Alguén había vir para falarme do tempo ou do cambio climático. Algún bus había pasar. E se non, pouco importaba. Chegara a algures. Un sorriso histérico debuxouse entre o queixo e o nariz. Pensei en que estaba de sorte… Non tódolos días tivera a oportunidade de deixar marchar os buses, de baixar nun punto no que nunca pensara facelo.

Polo baixo comecei cantar. Todo voltaba a ter interese de súpeto.

  1. Gustei do texto,manda as coordenadas e enviamosche un taxi.Bicos

  2. Lo mejor es poder elegir perder ese autobús, coger el metro o porqué no dar un largo paseo…
    Un beso

  3. Non te apures. Sempre pasa un bus que nos leva a algures.
    Bo texto.

  4. Privilegiada tú…a veces dan ganas de haberse equivocado de parada.
    Abrazos, señorita.

  5. hola,
    no queremos hablar del cambio climatico, solo era para avisarte de que ya colgamos nuestras nuevas canciones en myspace por si te apetece oirlas.
    esperamos que te gusten.
    bicos.

Dejar una respuesta