18.09.2007

9 Comentarios | Agardando a Godot

tempura

Pensou na muller de Hopper. Na carta que lía sentada na cama daquela habitación de hotel, baixo a luz da fiestra. Reparou na multitude de libros que lle quedaban por ler e nas marcas das follas. Aínda nunca viaxara a Tokio… O máis preto que estivera daquela cidade fora aquel día que a convidaran a comer sushi e un becho entráralle polo estómago. Agora prefería a tempura de verduras, pero sentada na cama dunha habitación en Tokio seguro que lle había saber mellor. Alugar(se) en cada unha das tentativas por comer con pauciños, en cada un dos días que nos descubrimos ollando a un punto fixo sen saber moi ben onde.
Como agora que ti miras.

texto.-osondaxordeira
imaxe.-ray caesar

  1. rosa enriquez dice:

    Pois si, estou aquí mirando e, gústame moito o texto e a foto. Bicos para vostede¡

  2. Bonita combinação.

  3. este hopper, si que é evocador…
    poi eu pasaba polo barrio e decidin pasar a verte
    ah! o post, tan evocador coma hopper

  4. Mola.

    Bicos, y bicos, y bicos.

  5. Ray Caesar me recuerda a Mark Ryden pero con personajes más “adultos”.
    Biquiños

  6. osondaxordeira dice:

    ola a tod@s de novo: rosa, jorge, ex traño, ra ENCÁNTAME que vos encante Hopper e as habitacións de hotel.

    Krisis, en otras ocasiones he puesto algún post con imágenes de Ryden. A mi también se me parecen. Un besito para esa Valencia.

    Un biquiño a todos de novo

  7. A Conxurada dice:

    Marchei de retiro espiritual, pero como botei en falta unha conexión á rede para ler as blogues que me gustan, xa estou de volta e alégrome de atoparte como te deixei, fantástica nas verbas e moi acertada nas imaxes.
    Bicos

  8. Mentras tanta xente empéñase en ollar gran tonto hermano, para min é un pracer mirar… cousas, seres realmente interesantes, e mesmo namorarme de godot sempre agardando neste encantador espazo. Bicos e parabéns ¡-)

  9. osondaxordeira dice:

    moitas grazas tanto a conxurada como ao anónimo. é un pracer atoparvos nesta casa

Dejar una respuesta