20.09.2007

5 Comentarios | Agardando a Godot

autoxestion

Cando chegou ao décimo piso estaba tan cansa, que decidiu cear os restos da comida que pedira o día anterior ao chinés.
Non pensaba fregar unha tixola máis. Como moito quecería un pouco de auga para a infusión. Polo resto, só lle quedaba descalzase e preparar unha bandexa para levalo todo cara a mesa da sala. Así, perfectamente colocado….
Pensou nela mesma. Nas cores que lle nacían nas mans. Na continua búsqueda por que todo fose tan fermoso aos seus ollos, que ate ela mesmo se enganase.
A imaxe era tan evocadora que ate no seu interior pensou que, aquelo que se dispoñía a cear, era o mellor que degustara na súa vida.

Fotografía e texto.- osondaxordeira

  1. Marinha de Allegue dice:

    Onte mesmo tiven o mesmo pensamento e a mesma actitude o máis apetecible era descalzarse e disfrutar do que xa estaba feito e non facer nada…

    Unha aperta
    🙂

  2. Albertinho dice:

    En primeiro lugar, gracias polo teu comentario no meu blogue.

    As veces é o millor iso de chegar a casa, coller o primeiro que teñas a man para levar a boca e deixarse levar pola grata sensación de non facer nada.

    Un saudo! 🙂

  3. autodixestión…gosto dos teus saudos de outono ainda que,coídate das cervexas que bebes…bicos da gran muralla

  4. As veces os mellores manxares son os mais humildes. Todo depende do estado de ánimo, e mesmo da fame que un teña.
    Saúdos.

  5. Eu case superara a adicción polo pan fito ese (teñen algo que non sexa frito?), pero despois de ler a postaxe creo que vou acabar no primeiro chinés que me saia ao paso.

Dejar una respuesta