27.09.2007

2 Comentarios | Agardando a Godot

eco

tomei taxis

tiráronme fotos

lin revistas

escoitei música

ensaiei

verquín anacos de all star nas lousas da cidade
comín pouco e mal

pero foi estupendo chegar á cama e recapitular
coma follas dun libro que marcas con posits
de cores
para saber que instantes son imprescindibles
que parágrafos tatuaría no lombo se non fose polo medo ás agullas
polas ganas de berrar en silenzo
coa timidez cara adentro

…..

así rebente

(…)

e ti aplaudas

ca aspiradora entre as mans

texto.- osondaxordeira
imaxe.- ray caesar

  1. fixeches moitas cousas e,pintáchelas ben con estas verbas.Bico

  2. Marinha de Allegue dice:

    Instantes imprescindibles…

    Ray Caesar (“imprescindible tamén”).

    Unha aperta.
    😉

Dejar una respuesta