14.12.2007

3 Comentarios | Agardando a Godot

historia cotiá

os encontros fortuitos son bretonianos, pero gústame ver como se descontrolan e nunca están definidos. coma ese latexo que sempre me ven áo carón do ollo e faime baixala pálpebra.
onte chegou paquete da casa a este piso de luz a catro bandas, e xurei espir os ovos con todo o silenzo do mundo nos ocos das mans. gústame chantaxealos. facerlles crer que de min depende a súa estabilidade. anúnciolle a hipotética traxedia da caída ao chan, e eles rinse nerviosos entre os meus dedos facéndome cóxegas, sen saber que ese pode ser o verdadeiro motivo de deixalos caer

imaxe e texto.-osondaxordeira
música.-nadadora

  1. A Conxurada dice:

    Gostei moito do texto.

    Un saúdo.

  2. Anonymous dice:

    Sonche curiosidades dunha estrela achegada aos sentimentos humanos. Seica é o destello intermitente da propia lus do teu ser, a mesma que deslumbra a quen te observa con entusiasmo e anónima paixón na tranquilidade da noite baixo o ceo de godot. Que muller esta! Puro arte!

  3. Chousa da Alcandra dice:

    De xeito fortuito, pasaba por aqui e non puiden evitar deixar caer un saúdo e púlos de ánimo para continuar criando con esa frescura.

    Saúdos dende a Chousa

Dejar una respuesta