09.01.2008

8 Comentarios | Agardando a Godot

my dog

Landra chegou á miña casa e agora vive nun décimo piso. Chegou con frío e bastante cansa.
Sempre me chamou a atención a equivalencia de anos entre cans e humáns. Landra, ten tantos anos coma o meu avó, e senta na alfombra vermella apoiando os cadrís sobre os nocellos, mirando para min coma se xa me tivera vivido. Come aos poucos, sen presa, e bebe só cando ten sede. Confeso, que algunha vez que me cruzo con ela polo corredor ata me asusta coa súa discreción. Confeso, que algunha vez que me cruzo con ela polo corredor intuo que no seguinte paso quizais comece a falar.

texto.-osondaxordeira
música.- Iggy Pop: I wanna be your dog, 1979

  1. krisish dice:

    Un saludete y bravo! por galletasoncoockies.

  2. Ex Traño dice:

    non o creo, seguro que e moito mais espelido e non solta prenda…
    o que tal teria que aguantar un can falador!!

    Alguna vez pensaches que se din os cans, cando se atopan?

    landra: mira esa de ahi e my women,
    chisco: guau pois parece moi curriña
    landra: iso é porque non a coñeces ben, non fai mais que achucharme e pedirme que lle conteste
    chisco: mira que son pesados estes humanos ¿eh?……

    saudos

  3. O Raposo dice:

    As veces nas miradas ou en certos comportamentos eu tamén penso que os cans son demasiado humanos.

  4. franc3s dice:

    hola,
    vimos la serie y esta muy wai. tu version de black is black es mejor que la de los bravos.
    Napalm love

  5. Chousa da Alcandra dice:

    Quen era o que dicía que “canto máis coñezo aos homes, máis lle quero ó meu can”?

  6. veranna fer dice:

    meus recordos agora foram até a minha terra,da morrinha q tenho de meu cachorro!!!!!

  7. iago666 dice:

    Ola!
    Fai moito que non te blogueo jeje.
    Nunca te preguntaches que che diria se comezase a falar? jaja
    1 beixo

  8. Zerovacas dice:

    Tamén ides cantar “I wanna be your dog” na serie? Hehe. En serio, está moi ben

Dejar una respuesta