01.05.2008

1 Comentario | Agardando a Godot

COLETTE

Unha noite de 1907 o público agardaba impaciente a saída de Colette. Ela protagonizaba o posiblemente máis famoso número lésbico da redonda. Un espectáculo chamado O soño de Exipto.
Lonxe quedaba o can-can e as acrobacias. Colette baixara ao mundo do music-hall coa pluma e o papel baixo as saias, para anotar todo o que alí presenciaba.

De novo, o público comezou a aplaudir. Impacientábase. ¿ É que Colette non sairía hoxe despois do éxito que tivera na pasada noite ?.

Non. Por moito que berrasen, Colette non aparecería máis sobre as táboas do Moulin Rouge. De facelo, anque fose só unha vez, a policía pecharía por sempre o local.

música.- falling in love again

  1. busto.agolada dice:

    Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) no sigular recinto de Os Pendellos, o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
    Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
    Tes información do programa de actos no seguinte enderezo:
    http://blog-xuntanza.blogspot.com

Dejar una respuesta