09.05.2008

6 Comentarios | Agardando a Godot

HEROIN


música.- heroin, the velvet underground

( o certo é que esta entrada ía con texto….)

* Coas últimas raiolas dunha xornada de maio, subín ao tren camiño á casa. Despois de escoller asento, mirei pola ventá, saquei un libro do bolso e comecei a perder os ollos entre as barrigas das letras.
Mentras todo isto collía forma, unha vella sentara enfronte. Vestía uns beizos estreitos cor cereixa, unha bata azul con pespuntes preto dos botóns e unha bolsa branca sobre as pernas da que asomaban revistas de costura.
Nun só intre imaxinei a súa vida: “Ao seu gato Pedro que come as sobras, as cortinas brancas da ducha, o bote de plástico onde garda o sal, a habitación de costura ateigada de caixas redondas,,, Caixas que posiblemente antes estiveran cheas de galletas danesas de manteiga e que agora gardaban milleiros de fíos.
Ao fondo do cuarto, unha mesa de contrachapado sostén un flexo e patróns sobre os que recortar unha secuencia interminable de batas azuis marino. – As batas sempre son iguais, o que cambian son os pespuntes – soe dicir ás veciñas-.

Imaxinalo era divertido ata que o tren arrancou.

O meu mundo interior estivera en perfecta orde. Todo ben ata que Berger decidiu pasar páxina e comezar a me falar de Rodin e o dominio sexual, xusto no momento no que a vella dispúxose de seguir o run-run das vías con levantamentos e asentamentos chegados da súa dentadura.

– Merda, tiña que ser xusto hoxe – pensei -.. , para unha vez que collo o tren e quero fliparme con Berger…

Negando os meus plan de viaxe contemplativa, metín a man de novo no bolso e acendín o iPod. De seguido, a vella cravoume a mirada con curiosidade e eu,por vergoña, dirixina cara outro lado….

( oco)

A partir daquela, a viaxe foi un baile continuo. Ela cos seus dentes postizos marcando o paso do tren. Eu cos meus pés seguindo entolecida o camiño da heroína coa Velvet Underground.

(oco)

A vella, sen poder evitalo miroume de novo, e cos ollos cheos de mágoa debeu pensar: – Estes de hoxe engánchanse ao que faga falta.

  1. scaramouche dice:

    parabéns pelo blog.

    scaramouche.

  2. Zerovacas dice:

    Eu antes poñía esa cancion para espertar polas mañás

  3. Lúa Neghra dice:

    Ghasús, Zero, que subidón de adrenalina para espertar…

    Por certo, son eu que teño alucinacións ou efectivamente vese clarisimamente a Ratzinger na segunda figura? Que mal rollo!

  4. Jacobo dice:

    E imaxinarte no tren, aínda non sei moi ben porque, resúltame doado…
    Tamén sabes que non podería deixar de emitir sonidos pola miña boca que tornaríase maxenta de tanto falar sen descanso. Que non, que xa te digo eu que non dirías nada porque a miña música sería constante. Ao final tampouco poderías ler a ningún autor deses interesantes, e nada, sería igual que imaxinalo. Fantasear coa miña vida reducida a unha hora de traxecto.
    Os burgueses de Calais xa non teñen pedestal, miña rula, nunca o tiveron.
    Semello estar un pouquiño máis enriba deles, será que sinto o bronce tan preto que me fai olvidar o sonido do rexional 598, a folga periódica que fai que fique na casa a ver a imaxe da miña escultura preferida…

    Parabéns polo blog!,
    [Queremos máis texto dese que sabes que gusta…]

    Agora ladraría coma unha caniche en celo pero non o vou facer, non quero!.
    [sabes que non son contemporáneos os finais tan cíclicos, iso pasou no 2005. Hoxe é un ano diferente.]
    Supoño que tampouco se entendería de todo.

  5. Anonymous dice:

    olheite onte na tvg… mimá xa nom acordaba o fermosa que era o teu olhar. pensei que cairas no esquecemento dende que dexaras de cantar… pero vexo que nom, e que sigues igual de bonita.

    Unha aperta.
    druidacelta

  6. osondaxordeira dice:

    scaramouche e zereovacas, moitas grazas polas vosas entradas…

    lúa neghra, concordo contigo….vemos papas por tódolos lados…

    jacobo, o próximo texto será en serie maxenta.

    druidacelta, grazas polo teu post. sigo sempre a traballar anque non sexa de cara a galería…vémonos por godot

Dejar una respuesta