02.07.2008

3 Comentarios | Agardando a Godot

era xullo

voltar ao traballo intenso sempre é positivo.
o que máis me gusta de traballar moito e ter logo a sensación de parar. ser consciente das pausas. dos espazos____ necesarios para o descanso.

como o aire que se coa entre caixas perfectamente ordenadas por cores e tamaños.

como me gustan as caixas. as etiquetas nas que escribir que hai dentro.
alí está. todo en orde. escrito. facendo fácil o feito de non perderse nada.

pero a droga é máis dura nos días que comezan ás sete da mañá

cando o amencer saúda e a luz é un feito

só daquela unha pode agudizar o oído
e escoitar a goma das zapatillas

o andar que pola rúa inauguran as primeiras mulleres que poboan as cidades

cando as levo diante e paro
podo distinguilas

cada unha co seu paso e unha mirada frontal que nada interrompe

poucas veces caen
(só cando algunha se entretén en preguntarse porque os neóns non pechan polas noites)

pero logo recuperan
como se o chan fose unha colchoneta que nunca mata

gústame velas pasar
abrindo as avenidas e os ollos dos semáforos

en liña
coa orde inversa dos planetas

esferas líquidas e ocas
coma a pel das ras e os caramuxos

o interese da cuestión é coñecer o intre
o corte que salva sen demora
a madrugada puntual como última oportunidade de mostrar
o calado

se encherme de plumas non serviu para voar
limpar baixo das unllas
pode calmar o medo de que hoxe
sexa o último que traia chuvia

texto.- antía otero

  1. Anonymous dice:

    hoy de casualidad leimos un texto tuyo sobre musica de lluis llach y estaba muy chulo
    y este tambien

  2. Anonymous dice:

    franc3s

  3. osondaxordeira dice:

    esa montaxe fixérona os nenos dun instituto de silleda, é preciosa, emocionoume moito cando a fixeron.

    un bico moi grande para vós, fran3s

Dejar una respuesta