21.08.2008

5 Comentarios | Agardando a Godot

call me

rebentar unha e outra vez rebentar
coma un verán cun sol chosco

a min
que me gusta o extraordinario

(isto non é novidade)

por iso a cidade é tan dura ás seis da mañá e a pintura de unllas só se me permite nas fin de semanas. cando /todo remata/ e ti chamas á porta para decirme / todo comeza /

e eu contesto que aínda non comín
que os meus horarios son estranos últimamente, que perdin o reloxo, que teño olleiras grandes coma un oso panda e un peso de mil ladrillos no peito… pero que o corazón tímadamente comeza a seguir as pedras amarelas

Dorothy sen sabelo estase volvendo punki e os volantes do vestido fánselle anacos anque poucos se decaten

– ¡ gústanme os tornados ! – di cos zapatos de agulla na man e unha caixa de mistos- ¡ gústanme os tornados e que todo salte polos aires !

(……………)

– queres comer, entón ?. levas media hora coa vista perdida na neveira e non tomas decisións

– eeee……si…pero só queda un ovo

– podemos compartilo

– vale!, e despois de comernos o amarelo pintareiche as unllas

– só se o fas de rosa chicle

– encántame o chicle

– sabia elección

– perfecto

texto e foto.- osondaxordeira
video.- o mago de oz
música.- blondie ( heart of glass )

  1. Colour me your colour, baby ;D

    Bicos, ghuapa.

  2. Zerovacas dice:

    fermosísimo. Lino e relino

  3. osondaxordeira dice:

    moitas grazas aos dous,,,anque sexan vacacións agradécense as visitas…sobretodo porque eu pasei os día traballando

    un bico grande

  4. Fermoso…que pena que os “todo comenza” sexan tan curtos.Bico godot e animo

  5. osondaxordeira dice:

    torreira, os ” todo comeza ” son curtos pero intensos. Diso vai a película….

    un bico

Dejar una respuesta