03.10.2008

5 Comentarios | Agardando a Godot

cando as mandarinas

comezar cousas novas. retomar outras que estaban quietiñas…sempre pensei que o ano empezaba en setembro. nas agridoces mandarinas.

Hai uns días fun ao Pazo de Oca. A pesar de ter que pagar catro euros por visitar os xardíns e cabrearme bastante, decidín sacalo lado zen e desfrutar das camelias, dos estanques, da oca e do paseo dos tileiros. As ganas de durmir entre as follas de setembro…. Logo fun á Sobreira de Valiñas. Hai que vela por anacos porque non colle dentro dos ollos nun só plano. É unha man enorme que sae da terra para poñerte no teu sitio.
Había tempo que non pasaba uns días seguidos na Estrada… anque sempre pensei que o mellor do meu concello é todo o que hai nas aldeas: Codeseda, Terreboredo, Sabucedo, Liripio, Berres, Callobre, O Foxo…

texto.- osondaxordeira
imaxe.- Kondoh Akino

  1. SoO* --> Srita. Pepys dice:

    Fai tempo de me paso de cando en vez por este blog…Gústame a túa forma de escribir… E expresar cousas. Un saludo!

  2. O Cabaleiro da Triste Figura dice:

    Ten vostede unha mestura entre oriente e occidente. Un aquel de brisa do Xapón, acariñando en maio as cerdeiras, e un non sei que de cómico xudeu fuxindo nos anos trinta de Alemaña. E alá no fondo un enigma, unha distancia, unha paisaxe co horizonte moi remoto. Conserve eses aromas. Tempos virán en que todo iso non sexan máis ca cromos nun caderno amarelento.

  3. Anonymous dice:

    Pois si, eu creo firmememente que o ano comeza en setembro… Parabéns! Xa me explicarás como fas para sacar o lado zen e pór un paréntese no innecesario.

    Acuática

  4. osondaxordeira dice:

    srita. pepys: eu tamén descubrín a súa páxina e pasarei por ali.

    o cabaleiro da triste figura, grazas polo seu post. os aromas son importantes, sen dúbida algunha.

    acuática, como non vai empezar o ano en Setembro se o teu Setembro segue a ser un dos meus libros de cabeceira…

    un saúdo grande a tod@s

  5. Eu xa hai case un ano que non vou por alí, xa prometín que en Decembro volvo. Moitas saudades, moitísimas. E pasear polos xardíns do Pazo de Oca é unha delicia. Tamén irei visitalo.

Dejar una respuesta