24.10.2008

4 Comentarios | Agardando a Godot

como son do 82, no horóscopo chinés son cadela

comezar nunha nova casa é coma subir ao alto dun tellado e deixarte caer cara atrás sabendo que alguén vai estar disposto a recollerte.

gústanme as alfombras de ikea porque son baratas, e por iso non me sinto mal cando sen querer tropezo cunha cunca e tiro líquido sobre ela ( anque no fondo fode ). pero ikea en si mesmo non me gusta. dame algo de medo. todo funciona tan ben aparentemente que no fondo sabes que algo non vai… anque a xente ali semella feliz comendo galletas europeas e cambiándolle os cueiros aos nenos e ás nenas nuns servicios tan limpos, tan modernos, tan brancos….tan ben pensados… a pesar de que logo cheguen á casa e non consigan atopar o parafuso idóneo co que apertar o andel, e empecen cagarse no ikea, na pai que o ideou e no producto aglomerado.

o carpinteiro do meu barrio anda descadrado. vino dende a ventá da cociña dos meus pais mentras almorzaba. “debe ter lumbago ou unha hernia” – pensei – “quizais tomarse unhas vacacións e ir aos baños de Cuntis non lle viría mal”.

O caso é que as camas nas que durmimos dende hai quince anos eu e maila miña irmá, fíxoas el. e o certo é que despois de tanto tempo, despois de medrar, de saltar nelas,de pelexarnos cas almofadas, de tirar leite ou auga nas sabas, de queimar as sabas cos primeiros cigarros, de raspar os restos das pegatinas dos pokemon para poñer enriba outras de incubus ( isto foi miña irmá, claro, eu crieime cos fraggle rock )….despois de todo isto, ahí están. Tan liteiras coma sempre,tan elas, tan de madeira azul. Cada día preparadas para ser desfeitas e refeitas de novo á mañá seguinte.

Eu no horóscopo chinés son cadela,
pero as camas do carpinteiro do meu barrio tamén son fieis.

( * antes, tiña posto can,,,pero luaneghra que tamén é do 82 chamounos cadelas e gustoume máis )

  1. Lúa Neghra dice:

    Bua, cabo de acordarme dunhas pegatinas de Espinete (toma arqueoloxía!) que nunca se puideron quitar máis da miña cama e a de meu irmán, e doutras da Aldea del Arce que quedaron para sempre nun armario de Ferrol. Onte conseguín trasladar os gatos, que aínda están afacéndose ao novo espazo.

    Un dos agasallos do trasno pendurados da árbore era unha caixa de tés, así que cando queiras ;), para celebrar que somos veciñas e cadelas as dúas (tamén son do ano Naranjito!)

  2. osondaxordeira dice:

    oe….tes razón , teño que modificar o de can por cadela…alá vou

    bicos grandes e falamos

  3. Anunciate gratis en Galego

    http://www.atopar.es “Anuncios en Galego”

  4. Gustoume moito a entrada, un saúdo raparigha!

    😉

Dejar una respuesta