28.08.2009

0 Comentarios | Agardando a Godot

RETO/MANDO)

A xente fíase dos artistas contemporáneos. É certo que os que traballan con performances causan nas persoas un sentemento que mistura a alerta coa proximidade. Debe de ser polo aquí e o agora das accións.

Unha acción performática pura dura un determinado tempo e logo esváese. Ao máximo, pode perdurar como recordo un vídeo ou unhas fotografías que alguén tirou durante a sucesión dos acontecementos. Pero pouco máis.
As performances son intensas e cando o artista pide axuda a algún colaborador, o colaborador accede a axudalo porque iso é o natural.
Un colaborador non pode negar o auxilio cando a acción se está a desenrolar nun tempo presente. Iso non estaría ben e a presión do directo é demasiada como para non facelo. Foi por esta razón, sen dúbida, pola que ela aceptou a colaborar. Aceptou de seguido. Convertiuse na miña colaboradora.

Texto e imaxe.- osondaxordeira

Dejar una respuesta