02.09.2009

3 Comentarios | Agardando a Godot

asi comeza

” Cando comecei esta historia descoñecía que agora o que máis me apetecería sería alugar unha casa na parte norte do país e adicarme a contemplar a costa. Claro que, ademáis disto, tamén omitía moitas outras cousas de min mesma. Ignoraba, por exemplo, a miña capacidade de crear a partir da nada e tampouco sabía da miña habilidade á hora de multiplicar, para froito propio, os pans e os peixes. Antes, nunca tivera medo de min mesma. Hoxe en día, cando menos, parézome un ser inquietante.

Non está ben que unha alugue un corpo estrano para fins personais. Iso non está ben. Non é de recibo para ningunha mente políticamente correcta. No remate veñen as secuencias. Que medo cun gran O final. Que pánico ao que poida chegar a facer. Ou peor aínda, que pánico á autocensura imposta á hora de facer as cousas que se queren realizar.
Por iso o mellor ha ser que me retire. Si. O máis correcto, sen dúbida, é que me marche a unha casa na costa. Unha destas casiñas de madeira cun porche e azaleas plantadas en maio. Unha vivenda con tellas do país e unha entrada de domus sinceira, cun banbán que adiante a chegada dos fillos. Mentras que estes non agroman podería practicar a miña maternidade arrandeando coellos, galiñas ou tartarugas. Sempre é doado atopar un animaliño ao que divertir “.

Texto.- osondaxordeira
video.- imaxes de ray caesar

  1. Gosto,gosto…da túa volta e do teu texto e da fuxida e das tartarugas…bks

  2. sei dunha casa do norte do pais q e ideal para ti,desas de cores,con horta e con boa ventilacion…dinme q estes dias a ventilacion da casa e mais grande,cousas de andar a xogar cos tabiques,paredes e muros.
    se che interesa faimo saber.
    estou moi contento q retomes a vida deste teu blog.Estes net-espazos e os folios en branco sempre choran pola ausencia das-os talentosas.
    encantanme moibastante os teus relatos postretrovisorians,non deixes de escribilos q eu non deixarei de mirarte.
    seguirei ollando como medras Antia.
    Ah,o teu axente foi quen me recomendou esta visita bloggiana e estaba moi ledo da tua volta.Dareille as grazas e direille q tamen agardo con gañas a tua irrupcion escenica,q me avise.
    mil bicos para as mil Antias.

  3. osondaxordeira dice:

    obrigadísima toni. non te perderei de vista

Dejar una respuesta