17.12.2009

2 Comentarios | Agardando a Godot

blythe

cool-blythe-dollblythe

 

Ina, a  avoa de Toni, nunca tivera unha boneca asi que nun nadal a familia mercoulle unha de tea.

Contan que nunca tal cousa se viu. Emocionados, os netos e os fillos tiveron que sair da cociña porque Ina, en canto abriu o paquete,  colleuna nos brazos e deu un berro de nena tal que se tivera oitenta anos menos.

Dende que mo contaron a imaxe non se me vai da cabeza. Por iso teño ganas de regalarlle unha boneca tipo blythe para que aumente a colección. Unha boneca que mova os ollos e a cabeza dun lado para outro e contemplar como Ina pona na mesiña de noite e fala con ela.

…Porque Ina é unha gran faladora e conversa cos gatos, cos obxetos queridos, cos xogadores do barsa nos partidos da tele e coas bonecas prestándolles toda  a atención do mundo.

En canto teña unha cámara de video vou rexistrar a Ina só para escoitala falar das súas cousas, e da vida que lles crea ás súas bonecas.

  1. Sin palabras…

    Gracias de corazon por esta emocion escrita,gracias.Si a xente q te lee,e toda a outra xente,coñecera a Ina entenderian esta emocion.

    Ina e emocionante.Ti tamen.

    Ina falara e reirá contigo,sempre.So fala e ri coas cousas e persoas q quere moito.

    Bicos Antia

  2. Que bonito. Hai xente no mundo así de especial, que se fai querer porque si, por ser como é, que sorte tela cerca, verdade ?? bicos mil!

Dejar una respuesta