21.12.2009

2 Comentarios | Agardando a Godot

moita salsa

<a href='‘ >object>

 

Despois de ver con Ina a Pep Guardiola chorando no medio do campo por conseguir gañar todos os títulos posibles, e de pasar a fin de semana en San Miguel escoitando a chuvia e o vento, volto a casa e decido que xa van sendo horas de mercar uns vaqueiros novos. En realidade, de mercarme uns vaqueiros…xa que non tiña.
( O motivo de porque non tiña é demasiado longo para por nesta entrada, pero quen queira sabelo pode chamarme e cóntollo )

 

Decidida, entro nun centro comercial, achégome á parte jean e comezo a remirar. De seguido, unha dependenta ve en min a seguinte comisión e sen dudalo comeza a falarme das marabillas duns pantalóns wonder que erguen o cú e estilizan a silueta.

– En serio?.

– Completamente

– Pero levan algún sistema de…?

– Eu non quero outros. Son estupendos.

– si?

– Sabes o suxeitadores wonder bra?

– Si, pero eu non os uso

– Pero sabes como funcionan?

– Si

– Pois igual

– Guau…. 

Flipada, collo a talla correspondente á miña e decido colocarme canto antes semellante invento, fillo dalgún diseñador ou diseñadora amante das partes traseiras

Respiro. Os primeiros non entran. Quedan atrancados nas coxas…

 

– Señorita, perdoe…non me entran

– Tranquila, ás veces pasa que non corresponden as tallaxes – dime pensando que así me tranquiliza

 

De seguido tráeme outro par de pantalóns

 

Apuro a pormos pero tampouco se asentan esta vez atrancados polo meu propio cú.

Cos vaqueiros a medio camiño nas miñas partes traseiras e cunha cara propia dalguén a quen lle acaban de roubar unha fantástica idea, permanezo queda no probador. Penso en chamar á dependenta pero prefiro non facelo.
Recapacito e chego á conclusión de que se uns pantalóns diseñados para facerche un cú de anuncio, quedan atrancados no teu corpo a causa das túas propias cachiñas…non hai que ser moi lista para darse conta que non son para ti.

…………….. 

* Chego á casa e póñome diante do ordenador… Penso en escribir unha nota no blogue sobre o acontecido. Mentras o fago abro no safari unha pantalla paralela e busco na rede e en youtube o nome dos pantalóns wonder de marras. O que sae é ese spot…. Para os meus adentros sonrío…logo sonrío con máis forza e remato morrendo da risa….definitivamente non estaban feitos para min.

  1. creo que o publicista que argallou o spot dos super pantalóns nunca sentiu que lle roubasen unha fantástica idea xa que…nunca a tivo…meu deus!!!que vidiaco!!! as risas!!! a moza dase un aire coa leticia sabater
    moi boa a historia dos pantalóns viume a mente un \conto\ de cortazar…o do home e a camisa \asasina\.
    apertas

  2. Efectivamente non estaban feitos para ti…nin para min!!!
    que horror, tía
    Bicoooooooooooooooooooooo

Dejar una respuesta