06.01.2010

5 Comentarios | Agardando a Godot

despedidas

airplane_l

cando era pequena
como en galiza aínda non había centros comerciais, meus pais soían levarnos os domingos ao aeroporto para ver despegar os avións.
pegados aos ventanais sentiámonos pequeniños silenciando as palabras co ruido dos motores. daquela parecíame fermosisimo, pero hoxe
non podo evitar estar triste nas despedidas.

  1. mariñeira dice:

    é todo tan difícil a miña primeira despedida e non a última.

    axiña, de novo, volvemos a vernos.

  2. joaquim sassa dice:

    As miñas “mellores despedidas” sempre foron en estacións de tren ou de bus. Tras a última aperta sempre hai tempo despois para unha ollada máis, para un xesto cunha ventanilla no medio. Ese intre queda na retina moito tempo.

  3. un xesto cunha ventaiña polo medio…todo un clásico

  4. Noraboa polo blog,encantame Antia.

    De despedidas todos temos algo q contar.

    Eu de nena imaxinabame a xente q ia despedir aos seus e despois ver como despegaban.E tamen me preguntaba si haberia xente q ,como observadores,ian a eses aeroportos ver esas despedidas e despegues.

    Seguro q eses vòs iniciáticos contemprados da tua nenez foron o preludio do teu propio vó Antia.Xa despegas.

    Voarás alto.

Dejar una respuesta