30.01.2010

1 Comentario | Agardando a Godot

exames

este venres viña no tren santiago – a coruña cando vin algo que me fixo pensar.

o caso é que ao pouco de tomar asento descubrín que algúns postos máis aló atopábase un antigo mestre meu da facultade. un home que despertaba moito respeto e que me examinara por primeira vez dentro da universidade dunha asignatura do primeiro ciclo básica e algo complexa.

o tren arrancou e sentín que comezaba a festa. aniñada no asento e tentando pasar desapercibida ( a pesar de que me cortei o pelo e que levaba moitos anos sen verme podía ser descuberta ou mosquearse pola miña mirada inquisidora ) decidín investigar o motivo do seu rictus facial e da súa postura tan pétrea.
o mestre tiña na man un bolígrafo vermello e cun movemento repetido correxía unha pila de exames.

de súpeto empecei a pensar na posibilidade de preparar oposicións dunha vez por todas. no divertido que sería ser mestra de arte e correxir exames errados, papeis cheos de datas mal postas, autores equivocados e títulos de obras renacentistas nun italiano deforme. acender o sorriso cómplice cos nervios dos alumnos….
mais nada diso semellaba aparecer no rostro do mestre. coma un robot debullaba co seu tic rítmico os metros que nos achegaban ao destino e a miña misión de ser unha voyeaur discreta comezou a parecerme algo ben aburrido.

completamente decepcionada cheguei o destiño.el tirou cara un lado e eu cara o outro. unha profunda tristeza subiume polas pernas e o certo é que se estaba triste non era por non ter descuberto nada interesante dalguén que me dera clase e me examinara por vez primeira, senón porque descubrira que de seguro anos antes o meu exame tampouco lle tivera quitado nin un só xesto.

  1. joaquim sassa dice:

    Cando botas moito tempo nun sitio, cando sempre fas o mesmo, corres o risco de deixar cousas no camiño. É unha loita… Eu apúntome a “traballar á inversa” botándolle algo de imaxinación, e tamén paixón….

Dejar una respuesta