24.03.2010

0 Comentarios | Agardando a Godot

o riso do tempo

falar do tempo nunca é sinxelo, porque posiblemente para atopalo hai que permanecer e iso non sempre é doado.
colocar os pés no chan e gardar o eixo. aprender a estar. non anticiparse. transcorrer un grande silencio cheo de palabras. os ollos de beckett verdes abertos coma ocos na parede.
o calendario pon a cada un no seu sitio, anque ás veces tarde, e tarde….

o tempo aliméntanos como unha porca que, recén parida, mira as bocas dos que comerán aos seus fillos e ri sen que a vexan.

Dejar una respuesta