26.03.2010

0 Comentarios | Agardando a Godot

mariña mira

mira pola ventá e sente que comeza algo novo, ou que algo está a piques de acontecer.
– hoxe non vai chover – pensa – xusto hoxe que non teño roupa que colgar…- e leva a man á boca para sentir a saliva.

cando era pequena matou un porco porque lle abriu o pecho do cortello e de tanto correr afogou coa súa propia graxa. pero dende esa, está convencida de que quizais teña algún tipo de poder mental.
– con catro anos matei un porco- pensa-, e rí para adentro mentras leva a man á boca para sentir a saliva por segunda vez.

os días na cidade son rápidos, por iso aprendeu a refuxiarse nas ventás e ver pasar o mundo sen que nada deteña todo o que aínda lle queda por pensar.

pearl jam – off he goes – no code

Dejar una respuesta