28.04.2010

1 Comentario | Agardando a Godot

o piano

De nena,
dicíalle a miña nai que se me movían as notas no pentagrama e que así non podía tocar ben o piano… só para que me puxese lentes. Cando o oculista mirou cos aparatos, percatóuse de que daquela xa estaba algo enferma de estética, e que aquela dramaturxia non era máis que unha lea para levar gafas.
Anos despois teño que levalas, aumentoume o astigmatismo e nesta última revisión tamén deu hipermetropía.

Agora non enfoco ben e por riba…hai anos que deixei de tocar piano.

  1. E eu con gafas dende os tres anos… guindándoas ao chan a ver se rompían!
    Claro que hoxe en día, coas gafas que hai, dá gusto ser miope 😀

Dejar una respuesta