21.07.2010

0 Comentarios | Agardando a Godot

cando te coñecín

cando te coñecín pensei: – antes de bicalo pagaría por ver o cuarto onde medrou…

as iconas sempre son iconas e ti, anque quixeras disimulalo, tamén as levabas grabadas nos ollos.
as revistas, a discoplay, a superpop…a tinta no papel malo…as imaxes que durmiron contigo veñen con maletas e instálanse na cabeza.

cando te coñecín souben que todas elas habitaran as portas do armario onde gardabas o acné, o chandal e os tenis, os xerseis de lá, os calcetíns, os vaqueiros roídos, as camisetas de algodón para durmir, os quilos de adolescencia.

mentras ti acariñabas a foto de sharon stone coa luz do flexo apagada
eu comía papillas de polo e cenoira e andaba ás patadas co tacataca

pero agora estou aquí, andando a dúas pernas, diante deste armario…e non podo máis que sorrir e fotografalo coa intriga daquela que profana a pirámide mellor gardada

Dejar una respuesta