20.12.2010

3 Comentarios | Agardando a Godot

páxinas

miña nai di que leu as mellores novelas da súa vida
dentro do coche
agardando por min
ata que medrei
cada tarde
á saida do colexo

das clases de piano
de baile
de pandeireta
de inglés
de informática

,,,,

cantas horas
cantas páxinas
cantos quilómetros
a espera
quizais
a que eu a vira

  1. Que bonito… A mín pasoume ao revés, eu linme a biblioteca do cole mentres miña nai remataba avaliacións, claustros e exames 🙂 Unha boa forma de medrar. Apertas.

  2. …pois botando man de todo o que se me poñía diante…e xuntando as letras ata que colleron todo o sentido

    bicos dende godot

Dejar una respuesta