01.02.2011

1 Comentario | Agardando a Godot, Novas

estamos tol@s

entrevista

hai uns días flipei…flipei tanto que creo que ainda vexo en cores

o certo é que bucenado pola rede ( link, link, link) atopei a páxina dunha persoa que me queda preto. unha páxina creada a partir dunha aplicación do twitter chamada formspring.

para entendernos trátase dun consultorio, dunha entrevista persoal onde xente que coñeces e outra anónima fanche preguntas ás que podes ou non responder, pero que @s protagonistas sempre acaban respondendo.

a esta persoa en particular, (e vendo os formspring doutra xente a dinámica é sempre a mesma), as preguntas xiraban ao redor de: – cres que és popular na tua cidade?…//cres que te coñece moita xente?…//porque és tan guapa?…//fas algo para estar tan delgada?…//onte vinte pola rúa e estás moi fraca…estás ben?…//follácheste a?….//cales son os teus plans?…//non pegas nada en galicia, cres que deberáis estar nunha gran cidade?…//follaches con?…//fariaste unhas fotos con?…//porque és tan popular?…

popular??????
popular??????

alguén me pode explicar o que é ser popular???

definitivamente Sensación de Vivir fixo un dano tremendo…

pero máis aló disto..chámame a atención como persoas universitarias ( xa sei que isto non é seguro de nada pero sería o esperable…), máis ou menos formadas e con certos referentes poden verse empurradas polo furacan das redes sociais a mostrar as súas vidas con tanta facilidade e prestándose a ese xogo.

eu sen ter twitter, accedin a estas páxinas…todo o mundo pode facelo…

porque o certo é que @s protagonistas non responden a preguntas porque sexan alguén que teña algo que contar…quero dicir…non son creadores/as, artistas, científic@os, folósof@s, politic@s, premios nobel, escritores/as, investigadores/as, xente que traballe pola mellora do mundo….ou que desenvolvan calqueira actividade que teña unha certa orixinalidade, graza ou entusiasmo…non….unicamente son persoas que desexan ser famosas, populares, coñecidas, centros do foco ofrecendo a súa vida e xerando morbo con eles mesm@s…

definitivamente estamos enfermos de veleidade…son tantas as ganas que temos de ser “alguén” que estamos dispostos a facer o que sexa con tal de sentirnos aceptados…

agora lembro unha frase da miña avoa rosalía que dicía: – non hai que gastar pólvora fina en pardais…
e quizais esa frase deberíamola repetir como un mantra…antes de pasar a liña

existir a conta do íntimo…que complexidade…que cansanzo…que barbaridade…

  1. bravo polo texto,artigo,reflexión…

    oira falar dese formspring pero non o coñezo.Si,para min,ó facebook xa lle chega bem,o q pode ser o outro…

    non podería estar máis de acordo Antia.

    a oquedade,superficialidade,sinsustancia ou aparentamento-modernismo non so corresponden a materiais e obxetos,tamén a persoas q case q so son materia-obxeto.Estou aki,mirame e dime q son “lo más”.

    ti o dis Antia,1 barbaridade.

    tiempos modernos

Dejar una respuesta