19.03.2011

0 Comentarios | About, Creación

Operatorio

OPERATORIO
unha performance de Carlos Neira e Antía Otero

“ Santo Wong Kar- Wai: dende que nacemos as occidentais de occidente queremos ser protagonistas das tuas películas…. ”

Valéndose dun exercicio de metateatro e metacine e do espazo -TRANS- que ambas disciplinas deixan entre elas,  Carlos Neira e Antía Otero crean OPERATORIO.
Unha performance onde o discurso ficticio e real entrelázase para falar da beleidade, do desexo de ser alguén, de estar dispostos a facer o que sexa preciso para sair da soidade profunda que provoca o anonimato… e onde o espazo -TRANS- convértese en vital para tratar temas comúns a calqueira cultura e que van dende:  o pouso vital e irrevocable cas distintas cerimonias deixan na sociedade, o fetichismo natural pero constantemente ocultado, a búsqueda de presupostos estéticos coa  fin de sentirnos únicos, orixinais e diferentes…ata a  identidade- como punto de chegada-.

 

Idea orixinal e creación.- Carlos Neira e Antía Otero

Dirección.- Carlos Neira

En escena.- Carlos Neira e Antía Otero

Textos.- Antía Otero

Iluminación.- Octavio Mas

Duración.- 55 minutos aprox

Ano de produción.- 2011 ( Galiza )

Estrea.- 04 de marzo en NORMAL , A Coruña

Dejar una respuesta